A Policía Local de Vilagarcía de Arousa procedeu á detención dun home de 56 anos na rúa Arapiles, investigado como presunto autor dun delito de violencia de xénero.
Os feitos ocorreron durante o servizo nocturno deste sábado no domicilio familiar. Tras a intervención policial, a vítima rexeitou recibir asistencia médica.
O caso foi integrado no Sistema de Seguimento Integral nos Casos de Violencia de Xénero (VioGén) do Ministerio do Interior
Durante a mesma quenda de noite, os axentes abriron dilixencias de investigación a dous condutores por diferentes infraccións penais ao volante:
Na rúa Valle Inclán foi interceptado un condutor que arroxou un resultado positivo no test de alcoholemia con valores de taxa penal.
Investígase tamén outro automobilista tras ser detectado circulando a gran velocidade, unha conduta que os axentes tipificaron como condución temeraria por xerar un perigo consciente para o resto dos usuarios da vía.
Durante o venres pola tarde tamén se rexistraba un accidente de circulación na estrada N-640, concretamente na intersección que dá acceso ao Hospital do Salnés.

O sinistro consistiu nunha colisión entre un turismo e unha motocicleta que se saldou exclusivamente con danos materiais, sen que ningunha persoa resultara ferida. Axentes da Garda Civil de Tráfico tamén colaboraban na intervención.