Un mozo de Cuntis de 23 anos foi detido pola Garda Civil tras ser sorprendido levando na súa furgoneta dous quilos de haxix.
A Garda Civil dA Estrada atribúelle un delito contra a saúde pública, segundo a información oficial facilitada.
Os feitos ocorreron o luns 13 de xaneiro. Foi interceptado nun dispositivo preventivo de seguridade cidadá que se estaba realizando na N-640, nA Estrada.
O mozo circulaba nunha furgoneta, os axentes déronlle o alto e, cando o identificaban, mostrouse moi nervioso.
Os axentes rexistraron a súa furgoneta e, na parte traseira, localizaron unha bolsa plástica con dous paquetes envoltos en cinta de embalar de cor marrón. Dentro había unha cantidade aproximada de dous quilos de haxix.
O Xulgado de Garda da Estrada autorizou unha entrada e rexistro no seu domicilio e alí os axentes localizaron 20 gramos de cocaína en catro envoltorios plásticos dispostos para a súa distribución. Tamén interviñeron diñeiro en efectivo.