Detido por trapichear con droga en Marín durante a noite de San Xoán

Marín
25 de xuño 2020

Foi interceptado no marco do dispositivo de seguridade despregado no municipio con motivo desta festividade. Ao detido incautáronselle 16 envoltorios de cocaína, disposta para a súa venda, unha pequena cantidade de MDMA (éxtase) e un fragmento de haxix

Droga incautada en Marín durante a noite de San Xoán
Droga incautada en Marín durante a noite de San Xoán /

Axentes da Policía Nacional detiveron un home en Marín que foi sorprendido trapichando con droga durante a pasada noite de San Xoán.

Segundo informou a Policía Nacional, o individuo foi interceptado no marco do dispositivo de seguridade despregado no municipio con motivo desta festividade.

Ao detido incautáronselle 16 envoltorios de cocaína, disposta para a súa venda, unha pequena cantidade de MDMA (éxtase) e un fragmento de haxix.

Ao longo do dispositivo de San Xoán en Marín, a Policía Nacional efectuou seis propostas de sanción por tenencia ou consumo de substancias estupefacientes na vía pública.