Axentes da Policía Nacional detiveron un presunto xihadista en Ribadumia, un home dun trinta anos que vivía só nunha casa alugada do municipio.
Fontes da investigación confirmaron que o arresto se produciu nas últimas horas nunha vivenda situada na parroquia de Sisán.
As autoridades investigan a súa suposta relación cunha célula de carácter xihadista.
Os axentes, durante a súa intervención, requisaron diverso material informático que, presuntamente, utilizaba para difundir mensaxes de odio e chamamentos extremistas.
O operativo, que despregaron efectivos da Comisaría Xeral de Información chegados desde Madrid, está dirixido pola Audiencia Nacional.
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, confirmou que existe unha operación aberta, pero apelou á prudencia.
"Estase a traballar", sinalou a preguntas dos xornalistas, sen querer dar máis detalles desta operación que xa está xudicializada.