Detido un home por romper o parabrisas dun coche patrulla e golpear a un axente de policía

O Salnés
04 de xullo 2022

A Policía Local de Vilagarcía detivo este domingo un home de 38 anos por causar danos nun vehículos policial e por opoñerse á autoridade. Os feitos aconteceron o domingo a mediodía nas inmediacións da Xefatura

Policía Local de Vilagarcía de Arousa
Policía Local de Vilagarcía de Arousa / Pontevedraviva

A Policía Local de Vilagarcía detivo este domingo un home de 38 anos por causar danos nun vehículos policial e por opoñerse á autoridade. Trátase de F.P.C., natural de Catoria e domiciliado en Vilagarcía. 

Segundo informan dende o Concello de Vilagarcía, os feitos aconteceron a plena luz do día, ás 12.44 do domingo, cando unha chamada á Xefatura advirte de que había un home golpeando un coche patrulla que se atopaba aparcado nas zona, dado a súa descrición e indicando por onde fuxira.

Os danos causados no coche foron a rotura do parabrisas dianteiro.

Seguindo as indicacións da persoa denunciante, os policías desprazados a pé localizárono en Arcebispo Lago e déronlle o alto na Rúa Baldosa, ao que o individuo respondeu propinándolle un golpe a un dos axentes e tirándoo ao chan antes de escapar.

Tras perseguilo uns metros máis conseguiron alcanzalo e reducilo, pese á resistencia que puxo en todo momento dando patadas e cuspindo aos axentes da lei, segundo consta no atestado.

Despois de lerlle os dereitos e proceder a súa detención, o home foi trasladado ás dependencias da Policía Nacional en espera de pasar disposición xudicial.