Detido un veciño de Vilagarcía acusado de malos tratos no ámbito familiar

O Salnés
03 de xullo 2023

Foi a súa parella a que avisou á Policía o sábado pola tarde asegurando que o home empezara unha discusión polo importe dun recibo da luz e que intentara agredila, algo que, segundo ela mesma, non chegou a facer ese día pero si outros

Xulgados de Vilagarcía de Arousa
Xulgados de Vilagarcía de Arousa / Mónica Patxot

O Concello de Vilagarcía de Arousa informou este luns dunha detención levada a cabo esta fin de semana pola Policía Local.

O detido é un home de 47 anos e está acusado dun delito de malos tratos no ámbito familiar. 

Segundo informaron estas fontes oficiais, foi a súa parella a que avisou á Policía o sábado pola tarde asegurando que o home empezara unha discusión polo importe dun recibo da luz e que intentara agredila, algo que, segundo ela mesma, non chegou a facer ese día pero si outros. 

O detido atopábase na casa e non opuxo ningún tipo de resistencia á detención.