Detido tras unha perigosa fuga da Garda Civil que empezou cando ía recoller á súa filla ao colexio

Vilaboa
13 de outubro 2025
Actualizado: 13:47

O detido, de 47 anos, é veciño de Vilaboa, ten antecedentes policiais e tiña unha orde de procura e captura. Fuxiu dos axentes durante 20 minutos e abandonou o coche nun camiño de terra

Veciño de Vilaboa detido en Moaña despois dunha perigosa fuga
Veciño de Vilaboa detido en Moaña despois dunha perigosa fuga / Guardia Civil de Pontevedra

A Garda Civil detivo o pasado venres, 10 de outubro, a un veciño de Vilaboa que realizou unha perigosa fuga durante 20 minutos.

Trátase dun home de 47 anos con antecedentes policiais que tiña en vigor unha orde de busca e captura.

Neste caso, atribúenselle delitos contra a administración de xustiza, contra a orde pública e contra a seguridade viaria. O Xulgado de Garda de Moaña decretou a súa posta en liberdade con cargos.

Todo comezou o venres cando esta persoa acudía a recoller á súa filla ao colexio. Ao atoparse cunha patrulla da Garda Civil, tentou evitalos e esta reacción alertou aos axentes.

Os axentes decidiron darlle o alto para identificarlle e, nese momento, comezou a facer manobras perigosas co vehículo e emprendeu o que a Garda Civil define como unha "perigosa e temeraria fuxida".

Ao escaparse, comezou unha persecución na que se contou o apoio de varias patrullas da Garda Civil.

Pasados vinte minutos, o home abandonou o vehículo nun camiño de terra e continuou a fuxida a pé a través dunha zona boscosa.

Finalmente, foi interceptado a escasos metros do vehículo abandonado e acabou detido.