Axentes da Policía Local de Pontevedra detiveron esta madrugada dous homes acusados de protagonizar senllas agresións ás súas respectivas parellas, feitos que están a ser investigados por violencia machista.
A primeira das detencións, segundo informou a Policía Local, produciuse nunha vivenda da parroquia de Mourente, sobre as doce e cuarto da madrugada, cando un home tentou botar de casa á súa parella e á irmá desta.
A muller relatou aos axentes que o seu marido agrediuna tras un forcexo e explicou que o home cortara a auga e a luz do domicilio.
Entre as pertenzas do presunto agresor, a Policía Local achou u fusible cuxa desaparición impedía o fluxo eléctrico na vivenda e durante a súa detención continuou insultando e ameazando á súa muller.
Segundo a vítima, estas ameazas de morte foron reiteradas por parte do seu agresor e que sempre se producían cando o home atopábase en estado ebrio. A pesar de que chamou ao 016, o teléfono contra a violencia machista, en tres ocasiones ata onte á noite non presentara denuncia.
Pola súa banda, pouco despois das seis da madrugada producíase o segundo incidente, nun domicilio situado no centro urbano da cidade.
O detido, que foi localizado horas despois do asalto, agrediu á súa ex parella e nai dos seus fillos a puñadas e patadas tras unha discusión. A muller, que presentaba feridas no rostro, a perna esquerda, o ollo dereito e en ambos os brazos, foi trasladada ao hospital de Montecelo.