Axentes da Unidade de Droga e Crime Organizado (Udyco) da Policía Nacional incautraon este venres doce quilos de cocaína e detiveron a tres persoas.
Segundo informou La Voz de Galicia, a investigación, iniciada hai xa varios meses, levou aos axentes para montar un control nas inmediacións do acceso á autoestrada AP-9 en Caldas de Reis.
Alí interceptaron a un primeiro vehículo conducido por un veciño de Vilanova de Arousa que actuaba como "lanzadeira" para alertar aos seus colegas ante calquera perigo.
Minutos despois chegou a este punto de control o segundo coche, conducido por un veciño de Ferrol, que transportaba uns dous quilos de cocaína.
O operativo incluíu unha serie de rexistros, nun dos cales os policías atoparon nunha vivenda cinco quilos de cocaína, diñeiro en efectivo e ferramentas para preparar os paquetes de droga.
Finalmente, localizáronse outros cinco quilos de coca nun coche propiedade dun dos detidos.