A primeira: oficialmente nas rúas de Pontevedra hai un total de 1.963 veladores, isto é, o conxunto conformado por unha mesa e catro cadeiras. Descobre o resto...
Terraza dun establecemento hostaleiro
/
Mónica Patxot
Oficialmente nas rúas de Pontevedra hai un total de 1.963 veladores, isto é, o conxunto conformado por unha mesa e catro cadeiras.
Son 297 os establecementos dados de alta no Concello neste capítulo.
A recadación total deste exercicio é 205.720,67 euros.
O custo medio de cada velador é duns 105 euros todo o ano.
A inmensa maioría dos veladores están integrado no nivel 1, que inclúe toda a zona vella, as áreas peonís e boa parte do centro urbano. Na categoría dúas só hai 72.
Fai vinte anos, cando se aprobou a actual ordenanza, apenas había 48 terrazas.
A taxa ponse ao cobro en pleno verán, de xuño a agosto, cando se supón que aumentan as instalacións, aínda que desde hai tempo xa son terrazas permanentes todos os meses.
As cafeterías que máis pagan polas súas terrazas son o Carabela, a da Praza da Liberdade e o Branco e Negro
Actualmente unha terraza debe deixar libre na beirarrúa un espazo mínimo dun metro.
O horario actual de apertura dos veladores é desde as once da mañá ata medianoite.