Dezasete empresas, interesadas en deseñar a futura variante de Alba

Pontevedra
24 de febreiro 2018

Un total de 17 empresas presentaron as súas ofertas para a redacción do proxecto de trazado e construción e impacto ambiental da variante de Alba. O goberno galego marca como obxectivo poder licitar a obra no ano 2019

Estrada entre Pontevedra e Vilagarcía, PO-531
Estrada entre Pontevedra e Vilagarcía, PO-531

Un total de 17 empresas presentaron as súas ofertas para a redacción do proxecto de trazado e construción e impacto ambiental da variante de Alba. O goberno galego marca como obxectivo poder licitar a obra no ano 2019.

Este contrato, cun prazo de execución de 12 meses, foi licitado por un importe de máis de 252.000 euros. 

A variante de Alba, segundo sinala a Xunta, ten como finalidade servir de conexión entre as estradas PO-531 e N-550, funcionando como alternativa á estrada PO-225, que comunica Alba con San Caetano, sen necesidade de entrar no núcleo urbano.

En total, a construción desta vía ten un orzamento de cinco millóns de euros. A Xunta cualifica esta infraestrutura como estratéxica para a vertebración da rede viaria de Pontevedra e para a calidade de vida dos veciños.

A consellería de Infraestruturas e Vivenda mantivo diversas xuntanzas cos veciños das parroquias afectadas para definir o trazado da variante.

O goberno galego busca así acadar o máximo nivel de consenso, de forma que garanten que as consideracións formuladas polos veciños serán atendidas na medida do posible.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en