Grande asistencia de cisitantes a deste domingo na Illa de Tambo, repleta de persoas dispostas a gozar dun dos recunchos máis descoñecidos da ría de Pontevedra.
Era a última oportunidade de visitar este ano a illa, aínda propiedade do Ministerio de Defensa, grazas á xornada 'Tambo, un mar de historias' organizada pola Asociación Veciñal, Cultural e Recreativa Combarro.
Os barcos habilitados pola organización desde as 9:30 horas da mañá enchéronse de persoas que querían pasar unha xornada diferente neste tesouro escondido na ría e coñecer, da man de guías turísticos, as historia da illa.
Actividades, música, praia e comida completaron unha amena xornada de celebración, na que ademais se disputou por primeira vez unha carreira popular.
Con saída ás 13:00 horas, un grupo de 150 atletas completaron 5.000 metros de percorrido a través dunha pista perimetral da illa.