Día extra adicado aos nenos nas atraccións da Peregrina

Pontevedra
20 de agosto 2018

Este luns celebrouse o Día do Neno no que as atraccións valeron máis baratas. Os máis pequenos da casa gozaron a tope desta xornada nun último esforzo para as maltreitas carteiras dos avós despois de toda unha semana de festa

Día do neno nas atraccións das festas da Peregrina 2018
Día do neno nas atraccións das festas da Peregrina 2018 /

Este luns celebrouse o Día do Neno no que as atraccións valeron máis baratas. Os máis pequenos da casa gozaron a tope desta xornada nun último esforzo para as maltreitas carteiras dos avós despois de toda unha semana de festa.

O scalextrix, as camas elásticas, os coches eléctricos, as tómbolas, o touro mecánico, a noria, estaban entre o máis demandado.

Con todo, as longas colas rexistradas este luns non resarcen aos feirantes que, un ano máis, volveron a falar dun ano frouxo queixándose polos escasos ingresos obtidos debido á baixada de clientes.

Que se a calor, que se a crise, ningún dos feirantes fixo autocrítica para confesar que os prezos das fichas tamén eran caros. Ata catro euros montar en aparellos como a noria ou o "Explorer".

O Concello, que xa traballa na Feira Franca, valorou que a Semana Grande da Peregrina foi das máis multitudinarias que se lembran. 

Despois deste día extra toca recoller para poder reabrir as rúas ao tráfico este mércores.