O matador rioxano Diego Urdiales debutará na praza de touros de Pontevedra na próxima Feira da Peregrina.
O seu primeiro paseíllo pola area do coso de San Roque será o sábado 8 de agosto, no primeiro dos carteis da edición taurina de 2026, que se darán a coñecer este próximo sábado.
Trátase sen dúbida dun máis que interesante aliciente para a afición local e igualmente para aquela que se despraza neses días á cidade do Lérez atraídos por esta cita da tauromaquia.
O toureiro arnedano segue deixando o seu sinal en importantes citas asinadas esta tempada como foi o caso da Feira de San Isidro, con dúas tardes contratadas. O seu nome está na nómina de premiados do ciclo isidril: autor da mellor estocada e unha das catro mellores faenas da extensa feira madrileña.
Na do 28 de maio, a coñecida Corrida da Prensa, Urdiales – na que volveu compartir cartel con Roca Rey -, saía aos ombreiros pola Porta Grande de Las Ventas levantado por unha nova afición. A segunda vez na súa traxectoria profesional tras a conseguida en 2018 na Feira de Outono.
É artífice dese concepto do toureo clásico, sen tremendismos e con poderío na muleta e cadenciosa plasticidad no capote. O mismísimo Curro Romero reiterou publicamente a súa admiración polo destro rioxano e este tamén evidencia a súa inspiración no mestre de Camas.
En agosto de 2024 cumpriu os vinte e cinco anos de alternativa que tomou na praza francesa de Dax, un ano antes, en 1998 foi profeta na súa terra facéndose co Zapato de Oro da Feira de novilladas de Arnedo.
O seu máis recente actuación na localidade rioxana foi o pasado 22 de marzo durante as festas de San José, cando compartiu cartel con Manzanares e Roca Rey. O tres destros saíron aos ombreiros do Arnedo Arena nunha tarde na que tamén brillaron os touros de Núñez del Cuvillo.
