Díptico para fomentar as condutas saudables nos centros escolares de Portas

Umia
07 de abril 2021

Con motivo da celebración do Día Mundial da Saúde, o alcalde Ricardo Martínez achegouse ata o CEIP Domingo Fontán onde se realizou unha exposición de debuxos do alumnado sobre a importancia dos hábitos e estilos de vida saudables

O alcalde Ricardo Martínez na súa visita ao EP do CEIP Domingo Fontán
O alcalde Ricardo Martínez na súa visita ao EP do CEIP Domingo Fontán

O alumnado de segundo de EP do CEIP Domingo Fontán recibía este mércores dípticos formativos sobre o Día Mundial da Saúde. Ricardo Martínez, alcalde de Portas, acompañado polos concelleiros Ana María Pena, María Jesús Fontán e Alfonso Vázquez, achegouse polo centro escolar para ver as actividades desenvolvidas pola técnica de prevención de condutas  adictivas, Julia Búa Núñez, en colaboración coa Xunta de Galicia.

Os escolares realizaron unha exposición de debuxos, que forman parte do díptico e unha mostra creativa que se pode visitar na Casa do Concello. A iniciativa celebrada en Portas enmárcase no Proxecto de Prevención de Condutas  Adictivas no marco local dos municipios de Cuntis, Campo Lameiro, Barro, Moraña e Portas, en colaboración coa Dirección  Xeral de  Saúde Pública, pertencente á Consellería de  sanidade.

O alcalde expuxo a súa visión sobre a importancia de practicar actividades e estilos de vida saudables, para evitar a incidencia de enfermidades e mellorar tanto física, psíquica como socialmente. A técnica Julia Búa destacou que a pandemia puxo de manifesto as desigualdades existentes en moitos países e defendeu servizos de saúde de calidade nos lugares en que se necesiten.