Dispositivo de tráfico e seguridade en Sanxenxo con motivo da Volta Ciclista a Galicia

Sanxenxo
12 de setembro 2024

A última etapa da proba sairá ás 10 horas da Rúa do Porto e finalizará aproximadamente ás 13:10 horas na Rúa Rafael Picó  

Policía Local ante un coche da Volta Ciclista
Policía Local ante un coche da Volta Ciclista

A Policía Local elaborou un dispositivo de tráfico e de seguridade especial con motivo da celebración da última etapa da Volta Ciclista a Galicia que terá o vindeiro domingo, 15, en Sanxenxo. 

A saída neutralizada realizarase ás 10 horas desde a Rúa do Porto e está previsto que os equipos participantes cheguen a meta, Rúa Rafael Picó, contra ás 13:10 horas, onde se realizará a entrega de premios.

Para garantir o percorrido e celebración da proba con seguridade realizaranse cortes de tráfico puntuais polas rúas nas que pase o pelotón.

De 09:50  a 10:10 horas por: Paseo de Silgar, Avenida de Galicia, Rafael Picó, Avenida de Pontevedra, Rúa de Ourense e Rúa da Perla. 

Entre 10:20 e 10 30 horas: Os Caseiros (Vilalonga) e Fonte de Ons.

Entre as 09:50 e as 10:45 horas: A PO-308 entre Portonovo e A Lanzada. 

Entre as 10:30 e 10:45 horas: EP-6206 (Adina) e A Vichona.

Entre 10:40 e 10:55 horas: Vilalonga. 

Entre as 13:00 e as 13:30 horas: Avenida de León, Progreso, Variante e Avenida de Galicia (chegada da proba).

Rafael Picó cortarase de 10 a 10:30 e de 12 a 16 horas, aproximadamente, e Rúa O Espiñeiro, de 12 a 16 horas. 

Os estacionamentos tamén se verán restrinxidos. Así, no Paseo de Silgar poderase aparcar a partir das 10:15 horas. Na Avenida de Galicia permitirase, a partir das 14:00 horas. Nas rúas Rafael Picó e Espiñeiro non se poderá estacionar ata as 16:00 horas. A parada de taxis de Portonovo trasladarase durante a celebración da proba na Rúa Mariña.