Dispositivo especial de tráfico con motivo da Carreira de San Brais

Pontevedra
24 de xaneiro 2023

A Asociación Veciñal Salcedo Norte organiza esta proba deportiva prevista para o vindeiro domingo día 29 de xaneiro  

Dispositivo especial de tráfico por mor da Carreira de San Brais Policía Local de Pontevedra

A Policía Local de Pontevedra organizou un dispositivo especial de tráfico con motivo da XI edición da Carreira Pedestre San Brais.

A Asociación Veciñal Salcedo Norte organiza esta proba deportiva prevista para o vindeiro domingo día 29 de xaneiro.

A proba popular contará con carreiras para as categorías de base desde as 11.15 horas da mañá ata chegar ás 12.30 horas, cando se dará saída á carreira absoluta cunha distancia de 6.615 metros.

Tanto a saída como a chegada estarán fixadas no centro comercial Carrefour de Salcedo, completándose as actividades con sorteo de lacóns entre os participantes e unha chocolatada.

O tramo horario de afección ao tráfico estímase entre as 12:00 e as 13.45 horas aproximadamente.

Neste intervalo de tempo a rúa Eduardo Branco Amor sufrirá un peche puntual, exclusivamente durante o paso dos corredores. Ademais haberá un peche con valos no vial de acceso ao centro comercial Carrefour.