Diversión dominical en Poio, porque 'Seica na Seca... Hai Entroido!'

Poio
27 de febreiro 2022

A zona da Seca acolleu unha das citas importantes do entroido de Poio, cunha xornada de obradoiros infantís e animación musical pensada para nenos e familias

'Seica na Seca... Hai Entroido!'
'Seica na Seca... Hai Entroido!' / Cristina Saiz

É un entroido atípico, sen grandes citas multitudinarias como o tradicional desfile, pero non por iso a diversión e o colorido destas datas deixa de estar presente en Poio.

A zona da Seca acolleu este domingo 27 una das principais citas da programación de Entroido do Concello de Poio, porque tal e como reza o título deste evento 'Seica na Seca... Hai Entroido!'.

Nenos, nenas e familias, con preto dun millar de asistentes segundo o Concello, gozaron dunha xornada de obradoiros e animación musical a cargo de Javi Solla, na que non faltaron disfraces, máscaras e sobre todo bo humor.

O Entroido de Poio, que durante a fin de semana contou ademais cun certame virtual de disfraces, contará aínda entre o 7 e o 12 de marzo co Concurso de  Viúv@s e Choqueir@s da Asociación Ronsel, con premios para os mellores disfraces nas categorías infantil, individual e familiar.

Por outra banda ata o día 14 de marzo poderá atoparse nos comercios e locais de hostalería unha mostra de fotos antigas do Entroido local, con preto de 300 instantáneas procedentes do arquivo municipal.