O 20 de abril ábrese o prazo de inscrición para participar na edición 2023 do Concurso de Maios en Poio. O evento celébrase o 1 de maio, a partir das 11.00 horas, na Praza do Mosteiro.
O prazo para inscribirse finalizará o 26 de abril e a tramitación para apuntarse deberá realizarse empregando a Sede Electrónica do Concello. Tamén existe a opción presencial de inscribirse no Concello, tras pedir cita previa.
Na solicitude deberá constar o nome, domicilio e teléfono de contacto ou o correo electrónico da persoa representante do Maio.
Raquel Rodríguez, concelleira de Cultura, lembra que a contía dos premios ascende a 6.800 euros para esta edición. Cada agrupación participante recibirá 300 euros e dúas roscas. Os premios repartiranse nas categorías ao mellor conxunto; mellor Maio, mellores coplas; mellor coroa; actuación; e barco galego tradicional.