Do 5 de xullo ao 31 de agosto, a área sanitaria de Pontevedra pasou de 2 a 226 casos positivos

31 de agosto 2020

Rexístranse 13 casos máis que durante a xornada anterior. Continúan catro pacientes en planta e dous en coidados intensivos no Hospital Montecelo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. Galicia chega á cifra de 3.640 positivos

Datos oficiais de afectados por coronavirus en Pontevedra e O Salnés a 31 de agosto
Datos oficiais de afectados por coronavirus en Pontevedra e O Salnés a 31 de agosto

A área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa aumentando o número de casos activos ao rexistrar 226, trece positivos máis que durante a xornada do domingo. 

Mantéñense catro pacientes Covid ingresados en planta de hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP) e dous pacientes con coronavirus atópanse na unidade de Coidados Críticos nas dependencias do Hospital Montecelo. 

220 pacientes enfermos atópanse evolucionando nos seus domicilios. Desde o inicio do plan de continxencia curáronse 988 enfermos na área sanitaria de Pontevedra -  O Salnés, cinco máis que hai 24 horas. Mantense a cifra de 17 falecementos polo virus nesta zona.

A evolución durante o verán da enfermidade demostra, segundo os datos emitidos polo SERGAS, que se pasou dun mínimo con dous casos o 5 de xullo a 226 este 31 de agosto. 

En canto a PCR's, nas últimas 24 horas, realizáronse 221 probas, que se suman ás 27.698 realizadas, segundo a xerencia do  CHUP, desde o inicio da pandemia.

TRES FALECIDOS EN GALICIA

Dous usuarios da residencia do Incio, en Lugo, e unha persoa máis, no Hospital de Cee, faleceron durante as últimas 24 horas con motivo dos  contagios da Covid-19. En total, Galicia segue aumentando o número de casos que xa ascenden a 3.640 activos, con 156 casos novos. O SERGAS indica que 141 positivos atópanse con tratamento en hospitais da comunidade.

As áreas sanitarias de Lugo e Santiago son as que ofrecen unhas cifras máis elevadas de contaxios durante as últimas horas con 55 e 42 casos novos, respectivamente