Doan máis de dous mil libros á biblioteca municipal de Barro

Barro
20 de xaneiro 2016

A A.C. Barosa acordou co alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, a entrega de 2.221 exemplares de libros e 416 DVD que formaban parte do fondo bibliográfico da asociación, que serán cedidos ao Concello para ampliar os fondos da biblioteca municipal

Xosé Manuel Fernández Abraldes con Iván Bello, presidente da AC Barosa
Xosé Manuel Fernández Abraldes con Iván Bello, presidente da AC Barosa / Concello de Barro

A A.C. Barosa acordou co alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, a entrega de 2.221 exemplares de libros e 416 DVD que formaban parte do fondo bibliográfico da asociación, que serán cedidos ao Concello para ampliar os fondos da biblioteca municipal.

Esta doazón vai permitir á biblioteca pública mellorar a súa oferta aos seus usuarios, cun importante incremento de títulos tanto de literatura infantil como de narrativa, poesía, ensaio e tamén de cine e música coa aportación dos DVD's e os libros.

O alcalde transmitiulle o agradecemento a Iván Bello, presidente da asociación por esta cesión, pois a mellora na oferta de fondo coma das instalacións da biblioteca "é unha das prioridades do goberno de Barro", sinalou o alcalde.