Dolores Barros, centenaria máis un e coa felicitación en persoa do alcalde

Umia
08 de agosto 2024

Dolores Barros Pérez é unha veciña da Louriña, pertencente á parroquia de Santa María, no concello de Cuntis, que nestes días cumpre 101 anos

Dolores Barros acompañada da tenente de alcalde, Conchy Campos, e do alcalde de Cuntis, Manuel Campos
Dolores Barros acompañada da tenente de alcalde, Conchy Campos, e do alcalde de Cuntis, Manuel Campos

Dolores Barros Pérez é unha veciña da Louriña, pertencente á parroquia de Santa María, no concello de Cuntis, que nestes días cumpre 101 anos.

En recoñecemento á súa condición de centenaria, recibía a felicitación en persoa do alcalde de Cuntis, Manuel Campos.

Na visita tamén estiveron presentes a tenente de alcalde, Conchy Campos, e a concelleira Sandra Barreiro.

Lola, como a coñecen entre os seus achegados, chega a esta idade acompañada da súa familia e cun sorriso nos beizos.

Foi a maior de 12 irmáns e a día de hoxe goza dunha excelente saúde, memoria e humor.