Domingo 28, día de 'Andaina Violeta contra a violencia machista'

Pontevedra
22 de novembro 2021

A Vida é Movernos e Asampo organizan este roteiro adaptado que partirá da Praza de España ás 11.30 horas realizando un recorrido urbano dun quilómetro e 360 metros

Nomes de mulleres asasinadas este ano, vítimas da violencia machista
Nomes de mulleres asasinadas este ano, vítimas da violencia machista / Concello de Pontevedra

O programa municipal denominado 'A Vida é Movernos', que promove a concellería de Deportes, e a Asociación de Amigos da Pontevedrada (Asampo) únense outra vez este próximo domingo 28 de novembro para organizar un roteiro reivindicativo contra a violencia machista, con motivo da semana do 25 N.

O evento defínese como ' Andaina Violeta contra a violencia machista' e establécese un percorrido urbano cunha distancia dun quilómetro e 360 metros. Comezará ás 11.30 horas na  Praza de España para, a continuación, manterse por Michelena, Fernández Villaverde, Soportais, Praza da Ferrería, Paseo de Antonio Odriozola, Laranxo, Praza da Leña, Padre Sarmiento, Gregorio Fernández, Praza da Pedreira, César Boente, Serra, Celso García de la Riega, Rúa da Ponte, San Telmo, Praza do Peirao, Galera, Arcebispo Malvar, hasta regresar a la zona de salida.

Tino Fernández, concelleiro de Deportes, afirma que esta proposta conta cunha mensaxe reivindicativa ao atoparse todo o percorrido marcado por 37 frechas de cor violeta cos nomes das 37 mulleres asasinadas este ano en España como consecuencia do "terrorismo machista", tamén figurarán os anos que tiñan cando foron asasinadas, a data do feminicidio e a localidade onde se produciu. Estes sinais manteranse despois da proba ata as 22.00 horas para aquelas persoas que queiran completar o percorrido a pesar de non poder asistir á proba deportiva.

Unha vez que finalice a camiñada, a  Praza de España acollerá a lectura dun manifesto no que, segundo Tino Fernández, mostrarase que  "estamos fartos e fartas de gardar silencio ante os asasinatos machistas". A continuación pedirase un minuto de aplausos en recordo de todas as vítimas.