Domínguez censura que ENCE paralizara o seu plan social: "Han roto su compromiso"

Pontevedra
19 de outubro 2022

Tras reiterar o seu "apoyo incondicional" aos traballadores da fábrica de Lourizán, o líder do PP pontevedrés lembrou que este plan social "es una responsabilidad de la empresa adquirida con los pontevedreses" que a compañía debe recuperar "de forma inmediata". Ence, engadiu, "no tiene ninguna disculpa para no ponerlo en marcha de nuevo"

Manifestación de Ence polas rúas de Pontevedra
Manifestación de Ence polas rúas de Pontevedra / Mónica Patxot

Desde o ano 2019, Ence non convoca o seu plan social. Era un programa, acordado coa Xunta de Galicia, polo que destinaba tres millóns de euros anuais para apoiar a asociacións de Pontevedra, Marín e Poio. Desa iniciativa, desde esa última convocatoria, non hai nin rastro.

Esta situación é a que levou, por primeira vez, a que o portavoz do PP en Pontevedra, Rafa Domínguez, cargue contra a empresa pasteira, á que acusa de que "han roto su compromiso" cos pontevedreses ao suspender o seu plan social.

"Esto ha dejado en una situación muy comprometida a muchas asociaciones, federaciones o clubs de base. Algunas atraviesan ahora situaciones difíciles sin esta ayuda esencial", apuntou Domínguez, que esixiu a Ence que retome este programa de subvencións.

Tras reiterar o seu "apoyo incondicional" aos traballadores da fábrica de Lourizán, o líder do PP pontevedrés lembrou que este plan social "es una responsabilidad de la empresa adquirida con los pontevedreses" que a compañía debe recuperar "de forma inmediata"

O dirixente popular sostén que a pandemia "ya ha pasado" e que non existe unha "fecha concreta" para decidir sobre o recurso presentado tras a anulación da súa concesión, polo que Ence "no tiene ninguna disculpa para no ponerlo en marcha de nuevo".

"No solo estamos hablando de entidades deportivas o de vecinos, de suma importancia, estamos hablando de la lucha contra la exclusión social o de asociaciones de claro carácter social", explicou Domínguez en rolda de prensa.

Para o portavoz do PP de Pontevedra, estas agrupacións "han visto comprometido su funcionamiento" coa suspensión deste plan social de Ence, do que "igual que lo alabamos en su momento criticamos ahora que se haya suspendido".