O que aprobou este luns o pleno municipal, vetar a participación en eventos que se celebren en Pontevedra a entidades ou persoas "que representen ao estado de Israel ou sexan financiados por el" supón, segundo Rafa Domínguez, "incitar al odio" contra os nados en Israel.
Por iso é polo que, ao finalizar a sesión, o portavoz do PP inste á Fiscalía a investigar como "delito de odio" este veto, aprobado pola corporación pontevedresa, malia o rexeitamento frontal dos populares, cos votos dos edís de PSOE e BNG.
"Confundiron o que é a lexítima solidariedade co pobo palestino, co ataque a todas aquelas persoas nadas en Israel, independentemente de que sexan boas ou malas", subliñou Domínguez ás portas da casa consistorial.
Para o líder do PP pontevedrés, calquera persoa "con más o menos sensibilidad" considera "terrible e aterrador" o masacre que se está producindo en Gaza, pero cre que socialistas e nacionalistas "confundiron a necesidade de defender a Palestina co ataque a Israel".
A proposta de vetar a Israel na cidade "es ilegal y lo saben", apuntou Domínguez, que engadiu que "no es fruto de un calentón", senón unha iniciativa "reflexiva y discutida".
A iso sumou que se fixo en pleno municipal "porque lo que quieren es la máxima difusión" para, por un lado, "menoscabar la dignidad" das persoas nadas en Israel e, por outro, para "generar miedo" e que os israelís "no puedan tener sus libertades".
Debido a isto, o dirixente do PP pediu publicamente á unidade especializada de delitos de odio, que depende da Fiscalía provincial, que investigue de oficio o sucedido no pleno.
"No se puede excluir a una minoría pensando que quieres defender a alguien de una masacre", engadiu Rafa Domínguez, que advirte de que este veto é "inasumible".
Esta unidade especializada, asegurou o portavoz popular, "es muy sensible a lo que sucede todos los días", polo que reiterou a súa petición a que "investigue" porque cre que "se están limitando los derechos fundamentales de unas personas".
Que Pontevedra diga que hai persoas "que no pueden pasar por debajo de su bandera o que no acogerá estos actos" provoca, concluíu Domínguez, que estean "amedrentando" a todos os israelís que queiran participar en eventos deportivos ou culturais.