Domínguez pide melloras na recollida do lixo e na iluminación para aumentar o padrón municipal

Pontevedra
26 de decembro 2023

O presidente local do PP lamenta que o goberno de Pontevedra non estea aproveitando "o tirón de Galicia e estea perdendo o tren" para acadar un aumento da súa poboación

Rafa Domínguez, portavoz municipal do PP Mónica Patxot

Rafa Domínguez, portavoz municipal do Partido Popular na corporación, considera negativas as cifras do Ministerio de Economía que reflicten un descenso demográfico en Pontevedra coa perda de 293 persoas nun ano.

A poboación actual do municipio, segundo estes datos oficiais, sitúase en 82.535 habitantes.

Segundo o presidente local do PP, "Pontevedra leva tres anos consecutivos perdendo poboación. Hai doce anos que non tiñamos o padrón municipal tan baixo".

Domínguez relaciona esta situación "un síntoma da deterioración" ao non aproveitar o tirón de Galicia e estar "a perder o tren, ao que outros concellos limítrofes se subiron para conseguir un aumento da súa poboación, en detrimento de Pontevedra".

Os populares sinalan que é preciso reverter a tendencia a través dunha mellora de servizos básicos como a recollida do lixo e o incremento da iluminación nocturna

Rafa Domínguez describe a imaxe da cidade "coas rúas sucias e mal iluminadas, con focos de trapicheo que volveron ao centro urbano e con xente pasando medo polas noites". Tamén insiste no abandono que sofren os barrios e as parroquias do municipio.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora