Converterse no partido maioritario da corporación, con once concelleiros de 25, non permitirá ao PP gobernar en Pontevedra, pero fará que desde a oposición "redoblemos nuestros esfuerzos", segundo advertiu Rafa Domínguez, para "auditar y vigilar" ao goberno municipal.
Domínguez prometeu ser "especialmente exigente" cos edís do PP, ao que lles demandará "trabajo y dedicación" ante o que considera que é un mandato "fundamental" para os populares polas "sinergias importantes" que supoñerá gobernar na Deputación.
Ante esta nova situación, o líder do PP pontevedrés optou por reorganizar as funcións do seu equipo "para mejorar la efectividad de cada uno de ellos".
El mesmo continuará sendo o portavoz do grupo municipal e coordinará todo o traballo dos seus compañeiros nas diferentes áreas de xestión.
Pepa Pardo será a viceportavoz do grupo, que compatibilizará co seu cargo como senadora se é elixida nas eleccións do 23J. Será a responsable de supervisar o traballo municipal en materia de réxime interior, persoal, patrimonio e o padrón de habitantes.
Igualdade, benestar social e turismo serán as áreas que auditará Silvia Junco, mentres que Guille Juncal continuará con deportes e mocidade, Gerardo Pérez Puga con emprego, Martín Martínez con rural e Juanma Muñoz con economía, facenda, ordenanzas ou as mesas de contratación.
As novas incorporacións ao grupo, pola súa banda, encargaranse de promoción económica, que será para Silvia Crespo; urbanismo e mobilidade, que levará Iago Acuña; cultura e educación, que asumirá Aroa Otero; e festas, zonas verdes e ocupación do espazo público, para Beatriz Rey.
"La labor de escrutinio tiene que ser muy potente desde el primer día", sostivo Rafa Domínguez, que garantiu que o PP escrutará "cada euro, cada convenio y cada acción municipal" do goberno que, con nove edís, ostenta de momento o BNG en solitario.
A pesar diso, o portavoz popular asegurou que "no dudo que van a llegar a un acuerdo de gobierno" co PSdeG-PSOE de Iván Puentes, o que lles garantiría unha maioría estable no pleno. "Pero por ahora no la tienen", sostivo, e así, engadiu, "gobernar es distinto".