Dous individuos armados atracaron este sábado pola mañá unha tenda de pinturas da avenida de Cambados, en Vilagarcía, levándose un botín de 5.000 euros.
A Policía Nacional busca a estes dous homes, de entre 35 e 45 anos, que entraron por separado no establecemento facéndose pasar por clientes para logo ameazar aos empregados cunha pistola, da que se descoñece se era unha arma real ou simulada.
Os ladróns encerraron ao persoal do comercio na trastienda, apoderáronse do diñeiro da caixa rexistradora e abandonaron a zona a pé.
A Policía comprobou as imaxes gravadas polas cámaras de seguridade da zona para completar as descricións facilitadas polos dependentes e por varias testemuñas.