A Policía Nacional detivo dúas persoas ás que responsabiliza dun punto de venda de drogas situado en pleno centro da localidade pontevedresa de Marín.
A súa actividade, segundo informou a comisaría provincial, xeraba entre os veciños unha situación de inseguridade na zona.
No lugar onde vendían a droga había gran afluencia de persoas toxicómanas.
A investigación policial comezou a principios deste ano tras recibir as primeiras denuncias tanto a Policía Nacional como a Policía Local de Marín.
Ambos os dous corpos policiais estableceron de forma coordinado unha serie de dispositivos de vixilancia e constataron a trasfega de drogodependentes na zona.
Ao longo destas vixilancias, os axentes interviñeron sustancias estupefacientes aos compradores que acudían ao lugar para abastecerse das súas doses.
Tras quedar demostrada a actividade dos dous responsables deste punto de venda de droga, os investigadores procederon á súa detención.
As dilixencias foron remitidas ao xulgado de instrución de garda de Marín.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.