Dous feridos tras envorcar o Audi no que viaxaban á altura de Combarro

Poio
18 de marzo 2015

O accidente consistiu nunha saída de vía dun vehículo marca Audi no que viaxaban dúas persoas que sufriron feridas leves como consecuencia do xiro que sufriu o turismo

Accidente con dous feridos en Combarro
Accidente con dous feridos en Combarro / Protección Civil de Cambados

O Centro de Atención de Emerxencias CAE 112 informou dun accidente con feridos rexistrado ás 16.16 horas deste mércores na estrada da costa entre Pontevedra e Sanxenxo, a PO-308 á altura da parroquia de Combarro.

O accidente consistiu nun xiro logo dunha saída de vía dun vehículo marca Audi no que viaxaban dúas persoas que sufriron feridas leves.

Os feridos foron trasladados en ambulancia a un centro hospitalario da capital.

Ao lugar do suceso acudiron Urxencias Médicas. a Policía Local e Protección Civil de Poio.