Dous xulgados resolven as discrepancias polo prezo de parcelas do Gafos dando a razón ao Concello

Pontevedra
02 de marzo 2020

O Tribunal Supremo e do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acaban de dar a razón ao Concello de Pontevedra en senllos preitos abertos por discrepancias no importe das expropiacións. Deberá abonar 291.390,77 euros por unha situada no parque lineal do  Gafos e 86.729,48 por outra que dará acceso ao paseo desde a avenida María Vitoria Moreno

Nova entrada ao Gafos por María Victoria Moreno
Nova entrada ao Gafos por María Victoria Moreno / PontevedraViva

Dúas salas do contencioso-administrativo do Tribunal Supremo e do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acaban de dar a razón ao Concello de Pontevedra en senllos preitos abertos por discrepancias no importe das expropiacións para pagar por dúas parcelas situadas nas inmediacións do paso dous Gafos. Finalmente, deberá abonar 291.390,77 euros por unha situada no parque lineal do Gafos e 86.729,48 por outra que dará acceso ao paseo desde a avenida María Vitoria Moreno

O Tribunal Supremo ditou unha resolución que xa é firme e contra a que non cabe recurso en relación coa parcela situada no parque lineal do Gafos, para a que os propietarios demandaban 2.403.194,50 euros, pero o Concello só estaba disposto a pagar 291.390,77. Tras varios recursos, chegouse ata a última instancia xudicial e a cantidade fixada será a que ofrecía o Concello

Ademais, segundo a resolución dada a coñecer este luns pola voceiro do Goberno local, Anabel Gulías, o Supremo fixa esa cantidade e que os propietarios se fagan cargo do pago das costas do procedemento, 500 euros. 

O TSXG ditou unha sentenza que aínda non é firme, senón que cabe recurso, pero que é no mesmo sentido. Neste caso, trátase dunha parcela situada entre María Victoria Moreno e o propio río, que o Concello pretende utilizar para ampliar o paseo e para darlle acceso directo. 

O propietario reclamaba pola súa parcela 366.562,16 euros, pero o TSXG dá a razón ao Concello, fixa o prezo en 86.729,48 e condena á parte demandante a pagar as costas, 1.500 euros.