Dúas agrupacións de Tenorio promoven novos vídeos de ánimo para os veciños

Cerdedo Cotobade
08 de abril 2020

A Banda Unión Musical de Tenorio e a Asociación Cultural Foula súmanse á tendencia nestes tempos de confinamento de elaborar vídeos musicais cos que animar ás persoas que están na casa e concienciar sobre a importancia de protexérmonos fronte o coronavirus

Fotograma do vídeo da Asociación Cultural Foula
Fotograma do vídeo da Asociación Cultural Foula / Asociación Cultural Foula

A Banda Unión Musical de Tenorio e a Asociación Cultural Foula súmanse á tendencia nestes tempos de confinamento de elaborar vídeos musicais cos que animar ás persoas que están na casa e concienciar sobre a importancia de protexérmonos fronte o coronavirus.

Os dous colectivos recollen así o testemuño doutras agrupacións do seu concello, Cerdedo-Cotobade, como Os Trazantes de Tenorio ou os profesores do CEIP de Tenorio, que xa presentaron os seus vídeos nestes días.

A Banda Unión Musical de Tenorio aproveita o confinamento para ofrecer un concerto no que combinan as actuacións grabadas na casa de varios dos seus compoñentes.

Pola súa parte, a Asociación Cultural Foula compón o seu vídeo con fotografías nas que lembra momentos de troula e actos nos que participaron co desexo de volver a levar o seu arte por todos estes lugares moi pronto.

En ámbolos dous traballos anímase á veciñanza a pensar en positivo e a seguir sendo solidarios e responsables, cun chamamento a quedar na casa para superar canto antes esta situación.

O Concello de Cerdedo-Cotobade mostrou a súa satisfacción por todos os vídeos, traballos, publicacións e demais mensaxes que está a elaborar a veciñanza e agradece a creatividade, enxenio, positivismo e solidariedade da cidadanía nestas difíciles circunstancias.