Dúas 'descuideras' detidas polo furto de seis teléfonos móbiles

Pontevedra
21 de xullo 2014

O valor dos móbiles subtraídos alcanzaba os 1.695 euros

Comisaría da Policía Nacional
Comisaría da Policía Nacional / PontevedraViva

Dúas mulleres de 30 e 24 anos de idade, veciñas da Coruña e Poio, con antecedentes policiais, foron detidas por axentes da Policía Nacional como presuntas autoras dun delito de furto de seis teléfonos móbiles nun establecemento da capital.

Segundo figura na denuncia presentada o día 9 de maio, os feitos tiveron lugar sobre as 11.45 horas de cando accederon á tenda dúas mulleres e mentres unha delas entretiña unha das dependentas a outra dirixiuse ao expositor.

Nun momento dado cando o encargado accedeu á parte posterior do establecemento oíu como alguén abría as portas dos expositores e a rapaza que traballa na tenda saíu detrás das mulleres e requiriulles para que devolvesen o que subtraeran, unha delas devolveulle un teléfono da tenda que estaba de exposición.

Posteriormente o encargado e a dependenta, unha vez dentro da tenda decatáronse de que faltaban outros seis teléfonos móbiles máis da zona de exposición do establecemento.

O valor dos teléfonos móbiles subtraídos alcanza un valor de 1.695 euros.

Segundo informan fuentes oficiais da Comisaría de Pontevedra, as presuntas autoras da subtracción foron identificadas polos axentes e detidas o día 18 de xullo ás 09.20 horas da mañá por un delito furto.