Dúas mozas de Marín e Pontevedra detidas por trapichear con heroína

Pontevedra
14 de agosto 2015

A Garda Civil detivo a CM.G.B., de 27 anos de idade e veciña de Marín e a D.C.R., de 19 anos e con domicilio en Pontevedra, como presuntas autoras dun delito contra a saúde pública por tráfico de estupefacientes

Intervención da Garda Civil
Intervención da Garda Civil

A Garda Civil detivo a CM.G.B., de 27 anos de idade e veciña de Marín e a D.C.R., de 19 anos e con domicilio en Pontevedra, como presuntas autoras dun delito contra a saúde pública por tráfico de estupefacientes.

Segundo informan fontes oficiais do Instituto Armado, os feitos sucederon na madrugada deste venres cando unha patrulla da Garda Civil, que realizaba un control de seguridade cidadá na estrada PO-531, en Curro (Barro), procederon ao control dun Ford Focus, ocupado por estas mozas.

Na inspección deste e no interior dun bolso, propiedade da condutora, localizáronse dous paquetes que contiñan un total de 400 gramos de heroína.

Por todo iso procedeuse á súa detención e condución ás dependencias oficiais do Posto da Garda Civil de Caldas de Reis para a instrución das correspondentes dilixencias.

As detidas, ás que unicamente lle constan antecedentes á condutora, serán entregadas, xunto coa droga e as dilixencias instruídas, no Xulgado de Instrución número un Caldas de Reis.