Dúas mozas feridas nunha aparatosa saída de vía en Vilagarcía

O Salnés
30 de xaneiro 2026
Actualizado: 10:10

O accidente ocorreu a última hora deste xoves na estrada PO-548, á altura da parroquia de Bamio

Accidente en Bamio, Vilagarcía
Accidente en Bamio, Vilagarcía / Policía Local de Vilagarcía de Arousa

Dúas mozas, de 23 e 24 anos de idade, veciñas de Valga, resultaron feridas de carácter leve na noite deste xoves tras sufrir un accidente de tráfico no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

O sinistro produciuse arredor das 23:30 horas no punto quilométrico 15 da estrada PO-548, ao seu paso polo lugar de Campanario, na parroquia de Bamio.

Segundo os datos facilitados pola Policía Local de Vilagarcía, o incidente consistiu nunha saída de vía do turismo no que viaxaban as dúas mulleres.

O vehículo, que era conducido pola moza de 23 anos, saíuse da calzada de forma aparatosa, impactando contra elementos da contorna e sufrindo danos materiais de consideración, especialmente concentrados en toda a parte frontal do turismo.

A raíz do aviso, activouse un dispositivo de seguridade e asistencia no que participaron efectivos de Emerxencias Municipais, a Policía Local e a Garda Civil de Tráfico.

Pola súa banda, o servizo de urxencias sanitarias 061 desprazou ata o lugar dúas ambulancias para atender ás vítimas. A pesar da espectacularidade do impacto, ámbala ocupantes presentaban mancaduras leves nunha primeira valoración.

A Guardia Civil de Tráfico de Pontevedra mantén aberta unha investigación para esclarecer as causas que provocaron a perda de control do vehículo.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora