Dúas persoas tiveron que ser trasladadas despois de producirse un accidente de tráfico no que se viron implicados seis coches esta tarde en Poio.
Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, un choque entre dous turismos provocou que un deles saíse despedido e chocase contra outros catro que estaban aparcados.
O sinistro tivo lugar na rotonda da saída do mosteiro de Poio. Foi unha implicada no accidente a que contactou co 112 Galicia para dar conta do ocorrido ás 13:45 horas.
Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasaba o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, a Protección Civil de Poio e de Sanxenxo e á Garda Civil de Tráfico.