Dúas probas deportivas que se celebrarán este sábado 16 e este domingo 17 de setembro levaron á Policía Local de Pontevedra a deseñar dispositivos especiais de tráfico e a adoptar medidas que supoñen restrinxir a circulación en distintos puntos da cidade, fundamentalmente, na contorna do río Lérez.
Este sábado 16 dispútase a proba deportiva 'I Travesía a Nado Río Lérez' e a avenida de Bos Aires permanecerá pechada no tramo comprendido entre a rúa Pozo e a Ponte das Verbas.
Estas limitacións de tráfico estarán activas entre as 14.00 e as 22.00 horas.
Este domingo 17 Pontevedra acolle a cuarta etapa da Volta Ciclista a Galicia, que ten a saída e a meta na cidade. Por este motivo, entre as 13.30 e as 13.30 horas haberá limitacións de circulación.
O itinerario da proba é A Ruibal, Rosalía de Castro, Manuel del Palacio, avenida de Marín, avenida de Corvaceiras, avenida de Uruguai, Galera e Arcebispo Malvar.
Nas avenidas de Marín, Corvaceiras e Uruguay, o peche será no sentido Marín cara ao centro cidade. Os cortes en Galera e Arcebispo Malvar tamén afectarán ás rúas que van dar a elas.