Unha "avalancha de xenerosidade". Así se describe dende o Concello de Pontevedra a conduta que demostraron os centos de pontevedreses que acudiron este sábado ao festival Surfing the Lérez, organizado na Illa das Esculturas. A entrada era gratuíta, se ben se solicitaba aos asistentes a que doasen alimentos non perecedoiros e materiais de primeira necesidade para os servizos sociais municipais.
Unha iniciativa que foi todo un éxito. O posto de Redeaxuda que se instalou no festival, que estivo atendido entre as 12.00 e as 20.00 horas, logrou encher dez furgonetas con todo tipo de produtos. Foron trasladados ao almacén da Casa Azul, onde aínda se están contabilizando as doazóns realizadas.
Estímase que se recibiron dúas toneladas de alimentos e produtos hixiénicos, sen contar cos 300 litros de leite que a noite do mesmo sábado foron entregados xa á asociación Rexurdir Provincial, que xa carecía de leite para os almorzos dos seus usuarios.
Os traballadores da Casa Azul levan traballando dous días na clasificación dos produtos recibidos, unha tarefa que finalizará este martes. A partir do mércores está previsto que as entidades sociais pasen a recoller os lotes reclamados. Serán Cáritas, Amigos de Galicia; Rexurdir, Calor e Café, Club de Leones e Meniños.
Dende a Concellaría de Benestar Social agradecen a "enorme mostra de xenerosidade" de todas as persoas que participaron no Surfing the Lerez, "o que demostra que Pontevedra segue sendo unha cidade xusta e concienciada coas necesidades dos seus conveciños".
Dúas toneladas de alimentos e produtos básicos para Redeaxuda, grazas ao público de Surfing the Lerez
Pontevedra
17
de xuño
2014
Os traballadores da Casa Azul levan traballando dous días na clasificación dos produtos recibidos, unha tarefa que finalizará este martes. A partir do mércores está previsto que as entidades sociais pasen a recoller os lotes reclamados. Serán Cáritas, Amigos de Galicia; Rexurdir, Calor e Café, Club de Leones e Meniños
Máis novidades