Durante a primeira semana de febreiro detectáronse 27 positivos nos 6.320 test por cribado na área sanitaria

Ponte Caldelas
08 de febreiro 2021

Desde o luns 1 de febreiro ata o domingo día 7, a Administración Sanitaria Pública galega citou en entornos sociosanitarios, educativos, empresariais/laborais e poboacionais da área sanitaria un total de 8.670 persoas para efectuar cribados. Asistiron un 72,9% dos residentes citados

Cribado en Moraña
Cribado en Moraña

No primeiros sete días de febreiro citábase a 8670 persoas para realizar cribados masivos nos Concellos de Ponte Caldelas, Moraña e Soutomaior, pertencentes ao área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. José Ramón Gómez, xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, sinalaba que destes residentes citados presentáronse para realizar probas  PCR ou test de antíxenos un total de 6.320 cidadáns, un 72,9% dos convocados.

Con estes cribados preventivos téntase detectar a pacientes infectados  asintomáticos. Entre estas probas xurdiron 27 positivos por covid-19, un 0,43% das mostras realizadas entre o 1 e o 7 de febreiro.

Os tres  cribados centráronse en grupos con idades comprendidas entre os 40 e os 79 anos e realizáronse en contornas sociosanitarias, educativos, poboacións e empresariais e laborais.

No Concello de Moraña, das 1900 persoas convocadas acudiron 1449, o 76,3% das citadas. Apareceron tres pacientes positivos por coronavirus, un 0,2% do  cribado.

No Concello de Ponte Caldelas, o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) realizou unha citación a 2.478 persoas, das que acudiron 1.894, o 72,9% da convocatoria. Detectáronse 4 positivos entre este núcleo de poboación.

Por último, no Concello de Soutomaior, o SERGAS  convacaba a 2.885 persoas. Acudiron 1.973, cun índice porcentual de 68,4%. Foron localizadas cinco persoas que deron resultado positivo por covid-19.

Esta semana, a partir do martes 9 de febreiro ata o venres 12, durante as tardes realizaranse cribados na Escola Obradoiro de Caldas.