Durmindo na rúa malia o frío

Pontevedra
27 de febreiro 2013

A Concellaría de Benestar Social activou o pasado vernes, 22 de febreiro o protocolo de frío por mor das malas condicións climatolóxicas. Durante este tempo os dous albergues da cidade estiveron ocupados e once persoas estiveron aloxadas no hostal conveniado con Redeaxuda. No municipio hai recursos dabondo como para que ninguén pase a noite á intemperie. Ainda así sempre hai personas que insisten en durmir na rúa

A Concellaría de Benestar Social activou o pasado venres, 22 de febreiro o protocolo de frío por mor das malas condicións climatolóxicas.

Durante este tempo os dous albergues da cidade: San Javier, de Cáritas (con 20 prazas) y Calor y Café, da Asociación San Vicente de Paúl (18 prazas) estiveron ocupados e once persoas estiveron aloxadas no hostal conveniado con Redeaxuda.

No municipio hai recursos dabondo como para que ninguén pase a noite á intemperie. Ainda así sempre hai persoas que insisten en durmir na rúa. Pensando neles a Policía Local percorreu todos os espazos que soen empregar as persoas que viven na rúa facendo reparto de roupa de abrigo (roupa interior, mantas e sacos de durmir).

Igualmente voluntarios de Protección Civil intensifican a vixilancia nos lugares habituais destes senteito para ofrecerles tamén vasos térmicos con café quente.

Os albergues estiveron cheos todos os días e unha media de 3 a 5 persoas foron derivadas todos os días ao hostal

A alerta aínda está activada, pero esta ola de frío serviu para por a proba o protocolo de frío activado polo Concello de Pontevedra.

Comprobouse que funciona, e serviu para reducir a burocracia e actuar con gran rapidez sempre baixo control das asociacións e entidades que participan nestes procesos.

Os albergues estiveron cheos todos os días e unha media de 3 a 5 persoas foron derivadas todos os días ao hostal que colabora con Redeaxuda.