E.C. Casas acomete gratis e "por conta propia" o asfaltado completo da rúa Blanco Porto

Pontevedra
18 de novembro 2014

"ÿ algo que non lle vai a custar un duro ao Concello", aclarou Antón Louro saindo ao paso das críticas formuladas este mesmo martes polos concelleiros do grupo municipal do Partido Popular que visitaron a rúa Blanco Porto para denunciar o "despilfarro del dinero de todos los pontevedreses", que ao seu xuízo supón a reforma desta rúa

Obras na rúa Blanco Porto
Obras na rúa Blanco Porto / PontevedraViva

O concelleiro de Urbanismo e tenente de alcalde, Antón Louro, informou que a empresa E.C. Casas, está a levar a cabo gratis e "por conta propia" o asfaltado completo da rúa Branco Porto.

Durante estes días acométese a segunda fase desta obra. A primeira delas completouse no mes de decembro do pasado ano e a empresa "por iniciativa propia e posterior consideración dos técnicos municipais" decidiu levantar o firme do primeiro tramo da rúa ao non estar "satisfeita" co resultado do traballo apresurado que fixo en 2013 en condicións meteorolóxicas adversas.

"ÿ algo que non lle vai a custar un duro ao Concello", aclarou Louro.

"ÿ algo que non lle vai a custar un duro ao Concello", aclarou Louro. "ÿ algo que a empresa, como é unha obra moi vistosa, da que están moi satisfeitos, e dado que as máquinas están alí, facerlle un asfaltado á primeira fase ten un custo irrisorio que a empresa asume dentro das melloras que pode facer. Pero, sobretodo, por razóns de imaxe e de bo facer da empresa", asegurou o concelleiro.

A resposta de Antón Louro sae ao paso das críticas formuladas este mesmo martes polos concelleiros do grupo municipal do Partido Popular que visitaron a rúa Blanco Porto para denunciar o que para eles era "un ejemplo que resume las obras de Lores en estos años", Jacobo Moreira para sinalar "despilfarro del dinero de todos los pontevedreses", que ao seu xuízo supón a reforma desta rúa.

"Esto no sale gratis, esto cuesta dinero", insistiu Moreira destacando que "hay vecinos en Pontevedra que no han visto delante de sus casas en el rural ni un gramo de asfalto".

Louro afirmou que este é un asunto "absolutamente menor" e lamentou que o Partido Popular "non debe tener nada que facer, e adícase a meterse coas obras que se están facendo ben".