Rematados os días grandes das Festas do Carme de Marín, a actividade festiva non remata e céntrase agora na parroquia de Seixo.
Será a partir do venres, 21 de xullo, cunha programación que abrirá ao mediodía a actividade infantil Pakolas na Alameda de Seixo.
Ese día, a partir das 23.00 horas, actuará o DJ Rubén na Praza do Mercado de Seixo.
O sábado, 22 de xullo, ao mediodía actuará na Alameda o Mago Paco e nos bares de Seixo, Os Saljaritieiros.
O domingo continuará a programación coa actuación de novo nos bares de Seixo de Os Saljaritieiros ao mediodía. A partir das 22.00 horas actuarán as orquestra D`Noche e Queimada.
As festas rematarán o luns 24 coa actuación musical, ás 23.00 horas, de Galicia na Praza do Mercado de Seixo.
Os concelleiros Marián Sanmartín e Pablo Novas e Manuel Solla e Cristina Souto, integrantes da directiva da asociación Acemas, presentaron este luns a programación na parroquia durante os próximos días.
Tamén anunciaron que a festa continuará en Marín durante os próximos días, cunha fin de semana protagonizada pola música.
O sábado ás 21.00 horas será o Festival de Gaitas Airiños de San Xulián coa participación da Escola Municipal de Música na Alameda, no que participarán a Banda de Gaitas Inllar de Ponteceso (A Coruña) e a Banda de Gaitas A Insua (Tui).
A partir das 22:00 horas, haberá animación musical polas rúas e prazas coa seguinte programación:
- 22:00 horas. Estrada (Juan Sito): Dúo Gaia
- 22:30 horas. Ezequiel Massoni (Pilaro – Nao – Rural): Four Passenger
- 22:30 horas. Méndez Núñez (Freixo – Construmar – Huerta de la Abuela): Desconcerto
- 23:00 horas. Alameda: Raúl & Cia
- 23:00 horas. Augusto Miranda (As Vides – Pizzería – Plaza): Pop rock & Café con leche
- 00:00 horas. Paseo Alcalde Blanco: DJ Jorge Álvarez