Editan titoriais en vídeo para "rachar a fenda dixital" en Marín

Marín
09 de xaneiro 2024

Romper coa fenda dixital e achegar a toda a cidadanía, indepentemente da súa idade ou manexo tecnolóxico, as bondades da sede electrónica do Concello é un dos obxectivos que ten o goberno local, despois de renovar este portal a través da cofinanciación dos fondos europeos

Titorial para o uso da administración electrónica de Marín
Titorial para o uso da administración electrónica de Marín / Concello de Marín

Romper coa fenda dixital e achegar a toda a cidadanía, indepentemente da súa idade ou manexo tecnolóxico, as bondades da sede electrónica do Concello é un dos obxectivos que ten o goberno local, despois de renovar este portal a través da cofinanciación dos fondos europeos

Para iso, a través da canle de Youtube municipal, subirán varias pezas a modo de titoriais nos que se explique, paso a paso e con pantallazos do propio procedemento da sede, como se levan adiante trámites esenciais para a veciñanza. 

Un deles, que é o que estrea esta nova sección de fomento da dixitalización, é sacar un volante de empadroamento, un trámite que antes só se podía facer en persoa e agora é posible facelo con apenas varios clics e poder así contar coa documentación en calquera momento. 

Con respecto ao padrón municipal, estase traballando para que incluso sexa posible darse de alta como empadroado en Marín a través da sede electrónica.

"É un trámite que temos previsto pero que aínda estamos desenvolvendo a nivel técnico para poder poñelo a disposición da cidadanía", explican fontes municipais.

O obxectivo é poder axilizar a burocracia, axudar á veciñanza na súa relación co municipio e poder mellorar os ratios de resposta e resolución de necesidades.

Así, outros dous trámites dos que se sacará titorial son a autorización para a ocupación de vía pública ou a solicitude de local municipal