Educación ampliará a escola infantil Crespo Rivas con 245 metros cadrados máis

Pontevedra
05 de maio 2024

A superficie ampliada será de 245 metros cadrados, distribuídos en sala de usos múltiples, aula desdobre, sala de profesores e cuartos de instalacións. A finalidade desta actuación é adecuar os espazos educativos á oferta docente

eei crespo rivas
eei crespo rivas / Mónica Patxot

Case 750.000 euros prevé investir a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, nun proxecto destinado a ampliar á actual escola de educación infantil Concepción Crespo Rivas.

Esta obra, que xa está en proceso de licitación, terá un prazo de execución de cinco meses.

A superficie ampliada será de 245 metros cadrados, distribuídos en sala de usos múltiples, aula desdobre, sala de profesores e cuartos de instalacións.

A finalidade desta actuación é adecuar os espazos educativos á oferta docente.

Esta ampliación enmárcase no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta da Xunta para renovar os 1.600 edificios que forman os máis de 1.000 centros educativos galegos e adaptalos ás necesidades do ensino do século XXI.