Educación reformará o IES Torrente Ballester para mellorar a súa ventilación

Pontevedra
30 de decembro 2020

As obras, que teñen un prazo de execución de dous meses, consistirán na renovación das carpinterías exteriores do instituto por outras novas con apertura oscilobatente que contribuirán á mellora da ventilación das aulas

IES Gonzalo Torrente Ballester co cartel do ano adicado a Mª Victoria Moreno
IES Gonzalo Torrente Ballester co cartel do ano adicado a Mª Victoria Moreno / Gabriela Varela Asorey

Algo máis de 250.000 euros vai a investir o goberno galego, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, nunhas obras de reforma do IES Torrente Ballester, en Pontevedra.

O obxectivo destes traballos é acometer unha mellora enerxética e funcional do centro, pensada especialmente para ter mellor ventilación de acordo co protocolo covid. 

As obras, que teñen un prazo de execución de dous meses, consistirán na renovación das carpinterías exteriores do instituto por outras novas con apertura oscilobatente que contribuirán á mellora da ventilación das aulas. 

Esta actuación forma parte do programa da Xunta para mellorar as infraestruturas e equipamentos escolares co obxectivo de acadar o máximo confort nas aulas.

Dentro deste plan hai programas obras por máis de 51 millóns de euros en toda Galicia.