El Cafetín de la Alameda volveu ser o gran protagonista de Pontedetapas 2024. No regreso do certame gastronómico, logrou dobre premio.
A súa tapa 'Tomatún' gañou o premio do público e tamén o do xurado na categoría creativa.
O seu nome coñeceuse este martes durante a gala de entrega de premios celebrada no salón multiusos do Teatro Principal coa presenza do alcalde, Miguel Fernández Lores, e da concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías.
O premio do público leva asociado o título 'Tapa Pontevedra' e El Cafetín logrou 7.788 puntos. Para o público, a segunda mellor tapa foi a de Feroz ('Porcinete', con 3.518 puntos) e a terceira a de Trasmallo ('Maraghota no dorneiro', con 3.151 puntos).
A 'Tapa Pontevedra 'representará á cidade no certame De tapas por Galicia, promovido por Turismo de Galicia, no que compiten os gañadores dos concursos gastronómicos das sete grandes cidades galegas.
Na modalidade de tapa creativa, o segundo premio foi para Trasmallo coa proposta 'Maraghota no dorneiro' e o terceiro para Padal da Santiña con 'Arumes do monte'.
Na categoría de mellor tapa tradicional gañou Icewolf, co bocado 'Outono celta'. O segundo premio foi para Feroz con 'Porcinete' e o terceiro para Gumer con 'Brioche de falares de vaca no seu mollo'.
Na categoría de cóctel, o mellor foi 'Maresía', de Sopa de Gallo. O segundo premio foi para Sala Zennet, con 'Gin Zennet' e o terceiro gañouno La Buena Vida con 'Ai Lupita'.
Como premio, os gañadores de cada unha das categorias presentarán as súas creacións na feira do gourmet galego Etiqueta Negra 2025.
Ademais, coa colaboración de Hijos de Rivera, outorgouse un premio á Mellor maridaxe con caña de Estrella Galicia. O gañador foi Trasmallo e a súa 'Maraghota no dorneiro'. O propietario do establecemento recibirá o valor do seu peso en produtos HdR e poderá realizar un showcooking nun evento gastronómico organizado pola cervexeira.
O xurado estivo formado polo chef e asesor gastronómico Fran Sotelino; o creador de contidos Alberto Ribas, de Alvientooo; e os profesores de Cociña e Restauración do CIFP Carlos Oroza Paco Orge e Marcel Schaal. Para a categoria de cóctel, estivo tamén Fernando Fernández, de Los Tres Monos.

Entrega de premios de Pontedetapas 2024

Entrega de premios de Pontedetapas 2024

Entrega de premios de Pontedetapas 2024

Entrega de premios de Pontedetapas 2024

Entrega de premios de Pontedetapas 2024

Entrega de premios de Pontedetapas 2024

Entrega de premios de Pontedetapas 2024

Entrega de premios de Pontedetapas 2024

Entrega de premios de Pontedetapas 2024

Entrega de premios de Pontedetapas 2024

Entrega de premios de Pontedetapas 2024

Entrega de premios de Pontedetapas 2024

Entrega de premios de Pontedetapas 2024

Entrega de premios de Pontedetapas 2024

Entrega de premios de Pontedetapas 2024

Entrega de premios de Pontedetapas 2024

Entrega de premios de Pontedetapas 2024

Entrega de premios de Pontedetapas 2024

Entrega de premios de Pontedetapas 2024

Entrega de premios de Pontedetapas 2024

Entrega de premios de Pontedetapas 2024

Entrega de premios de Pontedetapas 2024

Entrega de premios de Pontedetapas 2024

Entrega de premios de Pontedetapas 2024