Eliminan 27 postes da luz que afean a paisaxe entre as praias de Pragueira e A Lanzada

Sanxenxo
06 de maio 2018

Dentro do plan de posta a punto das praias, as concellerías de servizos e de medio ambiente de Sanxenxo van eliminar 27 postes da luz, substituíndoos por conducións subterráneas. De feito, xa se eliminaron cinco deles diante do colexio Telleiro de Noalla

Postes da luz no paseo da Lanzada
Postes da luz no paseo da Lanzada

Dentro do plan de posta a punto das praias as concellerías de servizos e de medio ambiente de Sanxenxo van eliminar 27 postes da luz, que serán substituídos por conducións subterráneas. De feito, xa se eliminaron cinco deles diante do colexio Telleiro de Noalla.

Os postes que se van a eliminar están diante das praias da Lanzada, A Lapa, Area Gorda, Foxos, Major e Pragueira. Do total de postes que se van a eliminar, 22 están no lado marítimo, o que afea a paisaxe desas praias, e os outros cinco están alén da estrada, que son xusto os primeiros que se eliminaron.

Na contorna da ermida da Lanzada e na baixada da praia de Foxos melloráronse as entradas, nivelouse o terreo e botouse xabre cunha moto escavadora-compactadora. Diante da praia de Foxos limpáronse as herbas dos muros que afeaban a zona e dificultaban o paso dos peóns. Tamén se cortaron as plantas invasoras e canas que impedían a visión da ría.

Nesta praia está previsto mover o módulo de socorristas e o módulo dos servizos para situalos nunha zona máis accesible e de menor impacto visual. Tamén se eliminaron sinais metálicos que estaban oxidados, en moi mal estado e substituíuse e prolongado a rede de canalización de pluviais para evitar que as fochas no terreo.

En relación aos novos módulos sanitarios, xa está instalado o da praia de Panadeira e agora vaise a proceder ao arranxo e o embelecemento da contorna deste módulo. Outros seis novos módulos vanse instalar noutras tantas praias, cun custo total de 130.000 euros e financiados polo Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra.  

A concellería de infraestruturas está a concluír, ademais, o asfaltado dos accesos ás praias de Foxos e Pragueira cun investimento que supera os 100.000 euros.