Eliminan as fochancas do Nó de Bombeiros

Pontevedra
20 de xuño 2017

As máquinas renovaron a capa de aglomerado desde o acceso á Comandancia da Garda Civil ata os carrís de entrada e saída da autoestrada AP-9. Ademais do parcheo dos numerosos buracos pintáronse as liñas de estrada que ata hoxe eran imperceptibles

No de Bombeiros
No de Bombeiros

Á espera da comprometida reforma definitiva do Nó de Bombeiros esta madrugada a administración reparou o calamitoso estado que presentaba esta concorrida ligazón chea de fochancas e buratos.

As máquinas renovaron a capa de aglomerado desde o acceso á Comandancia da Garda Civil ata os carrís de entrada e saída da autoestrada AP-9.

Ademais do parcheo dos numerosos buracos pintáronse as liñas de estrada que ata hoxe eran imperceptibles.

O mal estado deste concurridísimo entramado de vías e cruces provocara numeros accidentes e danos nos coches.

Fomento ten prevista a remodelación integral deste enclave que segue sendo confuso e no que a diario se repiten os sustos nas interseccións e os cambios de carril. Tamén segue pendente de solución o acceso peonil á zona.