Eliminan un vertido que levaba augas residuais industriais dunha empresa a un rego en Vilanova

O Salnés
25 de xullo 2022

Augas de Galicia informou este luns de que nos últimos días puido confirmar a eliminación dun vertido de augas residuais industrias ao rego de Baión, en Vilanova de Arousa. O foco do vertido tiña a súa orixe nas instalacións dunha empresa que vertía cara a unha canalización que desaugaba no rego

Técnico do Plan de Control de Vertidos (PCV) de Augas de Galicia, recollendo mostras (ARQUIVO)
Técnico do Plan de Control de Vertidos (PCV) de Augas de Galicia, recollendo mostras (ARQUIVO) / PontevedraViva

Augas de Galicia informou este luns de que nos últimos días puido confirmar a eliminación dun vertido de augas residuais industrias ao rego de Baión, en Vilanova de Arousa.

O foco do vertido tiña a súa orixe nas instalacións dunha empresa. Segundo confirmaron técnicos de Augas de Galicia, vertía as augas residuais industrias xeradas coa súa actividade cara a unha canalización que desaugaba no rego de Baión

Os técnicos requiríronlle aos responsables da instalación a adopción das medidas correctoras oportunas para eliminar ese foco

Tempo despois, os técnicos da Xunta realizaron unha nova inspección e corroboraron o cese do vertido, tras proceder a empresa á conexión da canalización que recibía o vertido industrial cara á rede de saneamento da contorna. 

Segundo a información facilitada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, este foco foi localizado no marco das inspeccións rutineiras levadas a cabo polos técnicos do Plan de Control de Vertidos, xunto coa Gardería Fluvial de Augas de Galicia, no dominio público hidráulico.