Elnosa solicita á Xunta a súa supramunicipalidade para poder continuar en Lourizán

Pontevedra
21 de xuño 2017

Elnosa move ficha. A compañía electroquímica entregou este mércores ante a Xunta de Galicia a solicitude para iniciar a tramitación administrativa do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para a implantación de novas instalacións en Lourizán. Este trámite realizouse ante a Consellería de Economía, Emprego e Industria

Elnosa en Lourizán
Elnosa en Lourizán

Elnosa move ficha. A compañía electroquímica entregou este mércores ante a Xunta de Galicia a solicitude para iniciar a tramitación administrativa do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para a implantación de novas instalacións en Lourizán.

Este trámite realizouse ante a Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A petición, segundo sinalou a empresa nun comunicado, realizouse tras a negativa do Concello de Pontevedra a aprobar un plan especial de reforma interior (PERI), un trámite urbanístico necesario para a súa posible continuidade.

O conselleiro de Elnosa, António Mesquita de Sousa, explicou que a compañía "confía" en poder continuar coa súa actividade industrial en Lourizán, máis aló de decembro de 2017, data na que a Unión Europea impedirá seguir usando mercurio no proceso de produción do cloro.

De Sousa entende que esa continuidade permitiría "crear valor e manter os postos de traballo directos, indirectos e inducidos" que xera a compañía electroquímica.

Ademais, Elnosa desvela que tamén se están levando a cabo os trámites oportunos para a revisión da autorización ambiental integrada, que debe autorizar o goberno galego, para manter a actividade industrial na planta de Pontevedra.

Arquivado en